Na Galiza, os hospitais atenden unha media de 2700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos. Para manter estes servizos asistenciais necesitan entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias. Para axudar nesta tarefa, dende ADOS poñen en marcha 10 unidades móbiles que percorren cada esquina de Galicia buscando a solidariedade da xente.
Se ti tamén es unha persoa solidaria disposta a doar sangue e salvar vidas, dende As Termas queremos recompensalo: O vindeiro xoves 16 de xaneiro, unha unidade móbil de ADOS situarase no aparcadoiro superior de As Termas, e con cada doazón regalaremos unha entrada para o cine.
Quendas:
- 9:30h a 14:30h
- 15:30 a 21:00h
Doar sangue é un acto sinxelo pero que salva vidas.
Colabora!
*Entradas de cine limitadas ós 50 primeiros doantes