- Categoría: Moda e complementos
- Actividade: Xoiería
- Localización: Nivel baixo
- Teléfono: 982257647
- Web: Visitar páxina
- Código: 55-56
Tenda Pandora
PANDORA é un fabricante de xoias danés, con máis de 35 anos de experiencia, coñecida a nivel mundial por elaborar pezas de xoiería que, combinándoas entre si, permite ás mulleres de todo o mundo deseñar e crear xoias únicas e persoais. Estes factores, e o gran número de tenda que ten abertas ao longo do mundo, levoulle a ocupar o terceiro posto no podio das tres maiores xoierías do mundo.
Cada unha das xoias PANDORA elabórase de forma artesanal en ouro de 14 k, prata de primeira lei e pedras preciosas e semipreciosas coidando ao máximo cada detalle.
Crea unha pulseira con charms que simbolicen os teus momentos máis especiais, ou deseña os pendentes ou aneis que máis se adapten ao teu estilo persoal.
Na xoiería PANDORA do Centro Comercial As Termas, Lugo, podes atopar diferentes tipos de xoias: aneis, colgantes, colares, pulseiras, brazaletes, pendentes, etc. decorados con pedras preciosas como diamantes, zafiros, rubís… ou materiais prezados como ouro ou prata de lei. Todas as xoias que che ofrecemos na tenda PANDORA son exclusivas de alta calidade.
Goza do deseño e a calidade que só unha empresa recoñecida no sector da xoiería, como é PANDORA, pode ofrecerche. Achégache á tenda PANDORA e descobre todo o que podemos ofrecerche no Centro Comercial As Termas.