El Centro Comercial AS TERMAS, reforzando o seu compromiso de respecto ao medio ambiente e sostibilidade, considera como valor fundamental da súa estratexia empresarial o fomento do uso racional da enerxía, a través da incorporación de medidas de eficiencia enerxética, co obxectivo de reducir o impacto ambiental e facilitar unha transición cara a unha economía baixa en carbono. Por iso, realiza as actividades conforme aos principios de control e optimización dos consumos enerxéticos das zonas e instalacións comúns, en todas as etapas do ciclo de vida, e, polo tanto, de loita contra o cambio climático mediante a diminución nas emisións á atmosfera de gases efecto invernadoiro e outros impactos relacionados, así como os custos da enerxía asociados a estes.
En consecuencia e en cumprimento destes compromisos, aplica os fundamentos da seguinte política enerxética, e require ás empresas contratadas e aos provedores que presten os seus servizos cumprindo estes mesmos principios:
- INTEGRAR A XESTIÓN DA ENERXÍA NA NOSA ESTRATEXIA EMPRESARIAL: Aplicar o criterio de eficiencia e aforro enerxético na toma de decisións, asegurando que é unha prioridade e unha práctica, garantindo que este é axeitado ao contexto e propósito da nosa organización e implicando nel a todos os niveis da mesma e demais partes interesadas.
- CUMPRIR AS ESIXENCIAS LEGAIS E OUTROS REQUISITOS SUBSCRITOS: Manter un control permanente do cumprimento da lexislación vixente e outros requisitos subscritos en materia de uso, consumo e eficiencia enerxética.
- CONTROLAR O USO DA ENERXÍA E MELLORAR A EFICIENCIA ENERXÉTICA: Levar a cabo a nosa actividade dentro dos parámetros dun desenvolvemento sostible, garantindo o control e xestión do uso da enerxía, así como manter os equipos e instalacións asegurando a optimización do consumo enerxético.
- IDENTIFICAR E AVALIAR OS USOS DA ENERXÍA PARA POTENCIAR A PREVENCIÓN E O USO EFICIENTE DA ENERXÍA FRONTE Á CORRECCIÓN E O MAL USO: Minimizar os impactos negativos e controlar o uso da enerxía realizando un esforzo continuado en identificar, caracterizar e minimizar o impacto enerxético derivado das nosas actividades e instalacións e procurando unha utilización eficiente dos recursos enerxéticos co obxectivo de mellorar o noso desempeño en materia de xestión da enerxía.
- PROMOVER A ADQUISICIÓN DE PRODUTOS E SERVIZOS ENERXÉTICAMENTE EFICIENTES E O DESEÑO PARA MELLORAR O DESEMPEÑO ENERXÉTICO: Potenciar aquelas alternativas sostibles que favorezan un menor consumo enerxético, seguindo os principios de compras enerxéticamente eficientes na cadea de abastecemento.
- POTENCIAR A INNOVACIÓN E O DESENVOLVEMENTO: Aplicar nas nosas instalacións as solucións máis limpas, seguras, eficaces dispoñibles e economicamente viables, potenciando sempre o aforro enerxético, así como considerar as fontes de enerxía limpas e renovables sempre que sexa técnica e economicamente factible.
- PROPORCIONAR OS RECURSOS NECESARIOS PARA A MELLORA CONTINUA E A CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS FIXADOS EN MATERIA ENERXÉTICA: Dispoñer e transmitir a información e dotar dos recursos humanos e materiais que sexan necesarios para a implantación da presente política enerxética incluíndo os necesarios para a posta en práctica das actividades derivadas do sistema de xestión enerxética implantado e a consecución dos obxectivos e as metas enerxéticas.
- RESPALDAR ÁS PERSOAS: Promover e participar en actuacións que fomenten a concienciación, formación e sensibilización e o progreso en materia enerxética co obxectivo de mellorar os hábitos de consumo dos nosos traballadores, clientes, visitantes e da sociedade, en xeral, como principio básico da mellora continua da nosa relación coa xestión da enerxía e os grupos de interese vinculados ao Centro Comercial. Dotar dos coñecementos en materia de xestión enerxética e garantir a capacitación das persoas que constitúen o equipo de xestión da enerxía.
- LOGRAR A PARTICIPACIÓN DO PERSOAL: Favorecer un ambiente participativo entre o persoal propio, o das contratas e o dos locais comerciais e cesións de espazo, integrándose no obxectivo común de aforro enerxético e mellorando as comunicacións que faciliten a xestión eficiente da enerxía, inducindo a todos eles cara a unha actitude responsable mediante a súa sensibilización e indución.
- PERSEVERAR NA MELLORA CONTINUA DO DESEMPEÑO ENERXÉTICO E DO SISTEMA DE XESTIÓN DA ENERXÍA: Planificar a medio e longo prazo e revisar os obxectivos e metas de xestión enerxética que son a causa e o efecto da mellora continua, sendo conscientes de que estes só son alcanzables mediante o esforzo e a debida adaptación aos cambios; revisar o sistema de xestión enerxética co obxectivo de introducir cantos cambios sexan necesarios para conseguir os obxectivos fixados; así como promover a aplicación de medidas e o desenvolvemento das actividades necesarias para a consecución dos aforros enerxéticos.
- INFORMAR ACTIVAMENTE SOBRE OS RESULTADOS DO DESEMPEÑO DA XESTIÓN DA ENERXÍA: Comunicar activamente aos grupos de interese os resultados relevantes correspondentes ao desempeño enerxético.
Este documento serve como marco para o establecemento da estratexia, os plans e o día a día da Comunidade de Propietarios do Centro Comercial AS TERMAS no desenvolvemento das súas actividades e está á disposición pública.