O Centro Comercial AS TERMAS considera a excelencia medioambiental e a protección das condicións de seguridade e saúde no traballo como valores fundamentais da súa estratexia empresarial. Por iso, realiza as súas actividades protexendo o medio ambiente e ás persoas, conforme aos principios de desenvolvemento seguro e sostible e á xestión de riscos ambientais, implementando melloras que permiten protexer o edificio e o seu contorno, loitar contra o cambio climático, protexer a biodiversidade, así como reducir o consumo de recursos e materias primas, a xeración de residuos e as emisións inherentes á actividade.
En consecuencia, e en cumprimento destes compromisos ambientais e de seguridade, aplica os fundamentos da seguinte política ambiental e require ás empresas contratadas e aos provedores que presten os seus servizos cumprindo estes mesmos principios:
- PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE, PREVENCIÓN E MINIMIZACIÓN DA CONTAMINACIÓN E PRESERVACIÓN DOS RECURSOS NATURAIS: Adoptar medidas para a protección do medio ambiente e a prevención da contaminación de forma xeral, optimizando o consumo de recursos, priorizando o uso de recursos renovables, diminuíndo a cantidade de residuos e aplicando medidas para a redución de emisións.
- INTEGRAR A SOSTIBILIDADE NA NOSA ESTRATEXIA EMPRESARIAL: Asegurar que a sostibilidade é unha prioridade e unha práctica, e garantir que os criterios que a conducen sexan adecuados ao contexto e propósito da nosa organización. Usar racionalmente os recursos e minimizar os impactos ambientais, así como a xeración de residuos, emisións e vertidos mediante a aplicación de procesos de mellora continua, o establecemento de obxectivos e metas ambientais, a mellora do ciclo de vida do activo, as mellores prácticas de operación e mantemento e a aplicación dos principios de economía circular.
- INCORPORAR A CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE NA TOMA DE DECISIÓNS: Considerar a biodiversidade como un elemento destacado á hora de optar por solucións no ámbito da planificación, implantación e operación das instalacións.
- PROMOVER A LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO: Fomentar o uso de enerxías renovables, promover o aforro e a eficiencia enerxética e prever a adaptación ás novas condicións derivadas do cambio climático.
- POTENCIAR A INNOVACIÓN E O DESENVOLVEMENTO: Fomentar nas nosas instalacións a innovación e o uso das mellores tecnoloxías que apliquen criterios de eficiencia enerxética, consumo responsable de auga, uso racional dos recursos naturais e minimización dos residuos xerados.
- FOMENTAR A MELLORA CONTINUA DO CICLO DE VIDA DO ACTIVO, OPERACIÓNS E PRÁCTICAS DE MANTEMENTO: Minimizar a xeración superflua e potenciar a reutilización e reciclaxe dos bens, así como a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro.
- MELLORAR A PROTECCIÓN DO EDIFICIO: Avaliar os riscos ambientais co fin de verificar o estado do edificio fronte aos riscos naturais propios do seu contorno e adoptar medidas de mellora continua en función dos resultados obtidos.
- MANTER UNHA CULTURA DE RESILIENCIA: Promover a adaptación aos cambios ambientais e, fundamentalmente, ao cambio climático, maximizando a resiliencia do activo.
- CUMPRIR AS EXIXENCIAS LEGAIS E OUTROS REQUISITOS SUBSCRITOS E RESPECTAR A ÉTICA E OS VALORES: Manter un control permanente do cumprimento da lexislación vixente e doutros requisitos ambientais e de seguridade e saúde subscritos, revisar periodicamente o comportamento ambiental, así como requirir aos nosos contratistas e provedores que cumpran con estes mesmos principios.
- PROPORCIONAR OS RECURSOS NECESARIOS: Dotar dos medios adecuados para que todo o persoal poida identificar e aplicar as directrices de sostibilidade no desenvolvemento do seu traballo.
- CONSIDERAR OS CRITERIOS AMBIENTAIS NAS COMPRAS: Seguir os principios de compras sostibles na cadea de subministración, favorecendo a adquisición de produtos, bens e servizos respectuosos co medio ambiente.
- RESPALDAR ÁS PERSOAS: Promover e participar en actuacións que fomenten a concienciación, formación e sensibilización e o progreso cara a un desenvolvemento sostible e de seguridade e saúde dos nosos traballadores, clientes, visitantes e da sociedade en xeral, como principio básico de mellora continua na nosa relación co medio ambiente e os grupos de interese vinculados ao Centro Comercial.
- INFORMAR ACTIVAMENTE SOBRE OS RESULTADOS DO DESEMPENO AMBIENTAL: Comunicar activamente os resultados sociais, ambientais e as iniciativas en materia de sostibilidade.
- PERSEVERAR NA MELLORA CONTINUA: Planificar a medio e longo prazo os obxectivos que son a causa e o efecto da mellora continua, sendo conscientes de que estes só son alcanzables mediante o esforzo e a debida adaptación aos cambios; revisar o Sistema de Xestión Ambiental e de Seguridade e Saúde co fin de introducir os cambios necesarios para conseguir os obxectivos de mellora fixados, orientados a reducir o consumo de recursos naturais (enerxía e auga) e a minimizar os residuos xerados e favorecer a súa reciclaxe; así como fomentar a conservación dos recursos mediante a implantación de prácticas de redución, reutilización e reciclaxe.
- PREVIR OS DANOS E DETERIOROS DA SAÚDE DERIVADOS DOS RISCOS LABORAIS: Garantir que se adoptan as medidas necesarias para xestionar adecuadamente as condicións de seguridade e saúde nas que se desenvolven as actividades, co fin de previr os danos e/ou deterioros da saúde que poidan sufrir os traballadores propios, os traballadores das empresas contratadas, locais comerciais e cesións de espazo ou calquera outra persoa con acceso ao Centro Comercial.
Obxectivos implementados en 2023
- REDUCCIÓN DO CONSUMO ENERXÉTICO UN 2%
Mellora a conseguir: Substituír o consumo de combustibles fósiles nos xeradores eléctricos por enerxía eléctrica procedente de fontes renovables.
- REDUCCIÓN DO CONSUMO DE AUGA UN 2%
Mellora a conseguir: Mellorar a sustentabilidade e o custo económico no consumo de auga.
- INSTALACIÓN DE BASES PARA SINALIZACIÓNS VERTICAIS DE ESTACIONAMIENTO
Mellora a conseguir: Aumentar a seguridade e evitar accidentes con sinais e riscos de caída de clientes
- INSTALACIÓN DE MÁQUINA DE RECOLLIDA DE CONTENEDORES
Mellora a conseguir: Promover a segregación e reciclaxe de residuos. Concienciar aos clientes da importancia da reciclaxe