Baixo o nome TOGETHER WE ARE STRONGER, JL xoierías lanza esta colección formada por un anel, un colar e uns pendentes realizados en prata de 1ª lei con cuarzo rosa natural.
A elección desta pedra semipreciosa busca representar os retos aos que se enfrontan as pacientes de cancro e os seus familiares. O cuarzo rosa considérase a pedra do corazón. Un símbolo que representa a harmonía e a tranquilidade e conecta co amor a un mesmo e coa paz interior. É unha pedra de sanación que permite liberar as emocións.
Dende José Luis Xoierías doarán o beneficio íntegro obtido da venda de cada peza á Asociación Española Contra o Cancro (AECC). A recadación irá destinada a apoiar a investigación oncolóxica, incentivar accións de prevención destinadas a impulsar hábitos de vida saudables, fomentar os programas de detección precoz de cancro ou atender e apoiar aos enfermos e as súas familias ao longo de todo o proceso.
Hoxe por elas, mañá por ti!