
- Categoría: Restauración
- Actividade: Restauración
- Localización: Nivel baixo
- Teléfono: 608 039 514
- Web: Visitar páxina
- Código: 27
Restaurante Burger King
O restaurante Burger King do Centro Comercial As Termas de Lugo está situado nun lugar inmellorable para gozar da ampla variedade de ofertas de produtos que che ofrecen.
En Burger King atoparás sempre calidades superiores á do resto de restaurantes similares e, ademais, poderás elixir entre un gran espectro de hamburguesas, steak house, patacas, doces e bebidas de todo tipo. Ademais, en Burger King está garantido que os produtos que se usan para a elaboración da comida proceden de España, o que aumenta así a calidade dos mesmos.
Se a oferta é xa de seu variada, cos menús Whopper, as Cheese Burger, Long Chicken ou os deliciosos Philadelphia Cheese Balls, en Burger King dispoñen de maneira continuada de múltiples ofertas para que na experiencia no restaurante non se vexan afectados os teus petos.
O Burger King situado no Centro Comercial As Temas de Lugo dispón tamén dunha zona dedicada a toda a familia, onde poderás celebrar desde os aniversarios dos máis pequenos da casa ata unha celebración especial con eles. Tamén os menús están preparados para eles: pídelles un DiverKing e verás como, ademais de alimentarse, pásano xenial.

