
- Categoría: Moda e complementos
- Actividade: Moda
- Localización: Nivel baixo
- Teléfono: 982 873 597
- Web: Visitar páxina
- Código: 30
Tenda Código Denim
Código Denim é unha tenda de moda que che ofrece as mellores marcas en complementos, calzado e roupa para homes e mulleres. Podes atopar a tenda de roupa Código Denim, no Centro Comercial As Termas na cidade de Lugo. En Código Denim atoparás as mellores marcas de moda actual, como Only, Vila, Jack & Jones, Amarras, Altona Dock, Superdry, Desigual, Replay, Munich, Pieces, Gola, Sendra Boots, Palladium entre outras.
Un dos valores de Código Denim que marca a diferenza con outras tendas de moda, é a selección elaborada das marcas que ofrece aos seus clientes, na súa coidada selección de complementos e calzados para homes e mulleres. Tamén a atención profesional dos seus recursos humanos e a orixinal decoración das súas tendas, valores que ben combinados fan de Código Denim unha tenda orixinal que personaliza o servizo e dálle valor engadido á experiencia de adquirir moda aos seus clientes esixentes. Código Denim pon ao teu alcance xerseis, chaquetas, beisboleras, suadoiros, abrigos, camisas, camisetas, pantalóns, vaqueiros, vestidos, saias, zapatillas, mocasines, botas, botas de auga, bolsos, bufandas, panos, gorras e moito máis.
O último en moda, tanto para home como para muller, atoparalo en Código Denim. Unha tenda con ampla variedade de produto e profesionais cualificados que che axudarán a atopar o que buscas. Código Denim é, sen ningunha dúbida, unha gran opción para todas aquelas persoas que queiran saír de compras en Lugo. Aínda non nos coñeces?

