
- Categoría: Tendas
- Actividade: Produtos para mascotas
- Localización: Nivel baixo
- Teléfono: 982 219 508
- Web: Visitar páxina
- Código: 01-02
Tenda Kiwoko
Kiwoko, a tenda especializada en produtos para mascotas, atópase no Centro Comercial As Termas, en Lugo. A tenda Kiwoko forma parte da cadea líder en produtos para mascotas en toda España. O selo de identidade de Kiwoko é a innovación e o amor polos animais. Cada tenda está deseñada para que os nenos e as mascotas poidan divertirse nelas, ofrecéndolles un clima e unha decoración e elementos recreativos ideais, para pasar un bo momento. A tenda Kiwoko ten moi en conta que traballa para seres vivos e basea o seu traballo na Declaración Universal de Kiwoko, mediante a que crea conciencia sobre o dereito dos animais como seres vivos e o respecto que merecen.
Kiwoko é a tenda amiga dos teus cans, gatos, roedores, paxaros, réptiles ou o animal que teñas de compañía. Nela atoparás as mellores marcas en alimentación, accesorios, xoguetes, antiparasitarios, acuarios, filtros, tortugueras, camas para cans, camas para gatos, técnica e saúde. Kiwoko ofréceche prezos moi alcanzables e un excelente programa de fidelización «O Mundo Kiwoko», mediante o que obterás grandes beneficios en descontos, ofertas especiais, participación en actividades exclusivas para socios, acordos especiais cos colaboradores do club. Kiwoko sempre pensa en ti e no teu mellor amigo, facilitando da mellor maneira a adquisición dos produtos necesarios para que á túa mascota non lle falte nada.

