
- Categoría: Restauración
- Actividade: Restauración
- Localización: Planta primeira
- Web: Visitar páxina
- Código: 107
Restaurante La Urbana
La Urbana somos un restaurante que ofrece, como produto estrela, hamburguesas artesás de calidade extraordinaria, que se afastan da industrialización que adoita existir nas cadeas ou franquías deste sector. As nosas hamburguesas son creadas polos mellores chefs para deleitarnos e sorprendernos con frecuencia con combinacións novas.
Estamos situados nun lugar inmellorable dentro do Centro Comercial As Termas, nunha zona tranquila que ao mesmo tempo se posiciona como a mellor opción para os cinéfilos.
Todas as nosas hamburguesas comparten un denominador común: Produtos da horta e carne 100% natural.
Cando se nos pregunta cal é o secreto da nosa carne, a resposta sempre é a mesma: «Non hai secreto, pezas frescas de carne 100% natural de orixe local, produto da horta e patacas de tempada»
E todo realizado artesanalmente, como antes e como se fixo sempre, conformadas a man, unha a unha, para conseguir o punto de prensado exacto.
Contamos cun menú para os máis pequenos que inclúe mini hamburguesa con carne ecolóxica, unhas estupendas sobremesas da Casa Grande de Xanceda e un agasallo sorpresa, ademais contamos con parque infantil.
A nosa oferta tamén contempla o tapeo das mañás e tardes, posicionándonos como unha opción ideal para tomar un refresco ou un café a media mañá ou media tarde.

