
- Categoría: Moda e complementos
- Actividade: Calzado
- Localización: Nivel baixo
- Teléfono: 982 206 205
- Web: Visitar páxina
- Código: 68
Tenda Loogo
A tenda Loogo Calzados está situada no Centro Comercial As Termas, caracterízase por ser ampla, diáfana e moderna. A súa principal diferenza é que nela móstrase o calzado en expositores brancos e luminosos, dando un gran protagonismo ao produto.
Son establecementos exclusivos onde os clientes poden gozar da ampla exposición de produto de todas as seccións rodeados dun ambiente amplo e agradable.
Nestes establecementos exponse tan só un pé de cada produto, cando o cliente solicita probarse o calzado é atendido polo persoal da tenda, combinándose así a liberdade do cliente para pasear observando os produtos cunha atención máis personalizada.
Dentro das tendas Loogo pódense atopar catro secciones diferenciadas: Moda Nova, Señora, Home e Complementos.
O produto da tenda Loogo do Centro Comercial As Termas de Lugo está caracterizado polos seus deseños modernos, a propia calidade do produto e a gran variedade de calzados que se poden atopar nesta tenda, desde moda para home como zapatos de diferentes estilos e deseños, zapatillas, botas ou mocasines, ata moda de muller como tacóns, zapatillas, botíns ou botas de muller, sandalias…
Atopa toda a moda de calzado que sempre quixeches no Centro Comercial As Termas, o teu centro comercial en Lugo.

