
- Categoría: Tendas
- Actividade: Telefonía mobil
- Localización: Nivel baixo
- Teléfono: 982 817 827
- Web: Visitar páxina
- Código: 08
Tenda Mimo mi movil
A tenda Mimo mi móvil situada no Centro Comercial As Termas de Lugo está adicada á venda de gadgets para os teléfonos móbiles. Nela o cliente poderá atopar todo tipo de accesorios e complementos para personalizar de maneira total os seus celulares.
En Mimo mi móvil son especialistas en produtos como plug- in para o móbil que lle achegan formas curiosas aos terminais, fundas orixinais, colgantes, carcasas, pendrives, punteiros ou soportes. Así mesmo, tamén se pode atopar unha ampla variedade en cargadores e cables de datos para non quedar nunca sen a tan apreciada batería.
En Mimo mi móvil coexisten produtos para todos os tipos de teléfonos móbiles: de Apple, Samsung, Sony, Huawei, LG, Nokia, Motorola, HTC e Blackberry. Á parte da tenda que está situada no Centro Comercial As Termas de Lugo, Mimo mi móvil tamén ten outras localizacións físicas na Coruña, Ourense, Ferrol, Pontevedra, Vigo, e mesmo no plano internacional, na cidade portuguesa de Porto.
Na tenda Mimo mi móvil, o cliente pode dispoñer dun completo servizo de asesoramento por parte dos traballadores para que sempre poida gozar do mellor accesorio e complemento para levar o seu teléfono móbil completamente personalizado ao seu gusto.

