- Categoría: Informal
- Actividade: Restauración
- Localización: Planta primeira
- Teléfono: 643 567 305
- Código: 101
Tenda Oh My Kebab
Oh My Kebab é o teu Kebab en Lugo. Son especialistas en preparar os pratos máis coñecidos e tradicionais de Turquía (como Kebab, Dürüm ou Lahmacun).
Usando comida de boa calidade e o traballo de mans expertas, achegan a As Termas o mellor da comida turca, cun trato amable e próximo, rapidez e boa relación calidade/prezo.
Destacan, loxicamente, no Döner Kebab, que é o prato máis coñecido da cociña turca e consiste en finas lonchas de carne asada (polo, tenreira ou cordeiro) con diversas verduras aderezadas con salsas típicas do país sobre un pan de pita, sendo un dos máis saudables, saciadores e populares os chamados “comida rápida” de todo o mundo.
O segundo prato máis coñecido e servido é o Dürüm, que se podería calificar de semellante ao Kebab pero co recheo introducido nun pan de trigo enrolado, dándose a coñecer grazas á súa maior comodidade tanto para comer como para levar.
Tamén hai opcións para vexetarianos, xa que poden gozar de diversas ensaladas, falafel, hummus…
Así que se tes curiosidade por probar as delicias gastronómicas de Turquía, ou simplemente queres un Kebab de confianza en Lugo, en Oh My Kebab, en As Termas CC, están a esperar por ti.