
- Categoría: Tendas
- Actividade: Óptica
- Localización: Nivel baixo
- Teléfono: 982 264 314
- Web: Visitar páxina
- Código: 17
Tenda Opticalia
Opticalia Callao ten a súa orixe en Ferrol hai case 50 anos. Actualmente Opticalia Callao ten 9 tendas repartidas entre A Coruña e Lugo onde os clientes atoparán o mellor servizo óptico, coa garantía que achega pertencer ao grupo Opticalia e a súa ampla experiencia profesional. Na tenda Opticalia Callao que se atopa no Centro Comercial As Termas atopará lentes graduadas, lentes de sol, lentes de contacto, audífonos e demais complementos visuais que o cliente necesite.
Opticalia Callao busca ante todo unha excelente atención ao cliente combinada coa máxima calidade profesional, podendo estar orgullosos de ter ao seu servizo aos mellores expertos do sector da óptica en Galicia. Entre os coidados servizos que ofrece Opticalia Callao atópase o de postventa, o de asesoramento en todo o relacionado coa saúde visual e auditiva ademais dun asesoramento a nivel de imaxe persoal, dentro das tendencias máis punteiras da moda.
Nas tendas de Opticalia Callao preocúpanse pola saúde do cliente e por ofrecer produtos das firmas máis prestixiosas. Na oferta de Opticalia Callao podemos atopar firmas como Roberto Cavalli, Pepe Jeans, Tom Ford ou David Delfín. As interesantes promocións que ofrece Opticalia Callao xunto coa variedade de produtos como lentes, audífonos ou lentes de contacto, fai que na tenda Opticalia Callao do Centro Comercial As Termas o cliente atope o que necesite de forma fácil e eficaz.

