
- Categoría: Restauración
- Actividade: Restauración
- Localización: Planta primeira
- Teléfono: 982 206 354
- Web: Visitar páxina
- Código: 104
Restaurante Pizza Movil
A franquía de pizzerías Pizza Móvil ten un dos seus restaurantes situado no Centro Comercial As Termas de Lugo. Os amantes das pizzas teñen o seu lugar neste restaurante onde a pizza é a auténtica protagonista. En cada recuncho de Pizza Móvil respírase o gusto e a inspiración por unha paixón que naceu en 1989 e que actualmente ten 25 locais en entre Galicia e Asturias.
No Pizza Móvil do Centro Comercial As Termas os clientes poden gozar dunha ampla carta de especialidades e complementos, entre as que se atopan a pizza caribeña, a pizza tres queixos, a pizza grandburguer ou a grellada. Ademais, os clientes pódense crear as súas propias pizzas, que inclúen masa fresca, tomate, mozzarella e ingredientes adicionais como pemento fresco, olivas, salsa grellada ou champiñóns frescos. En canto aos complementos pódense atopar fingers de mozzarella, patacas, tronkomóvil, alitas de pito ou pans de allo, podendo engadir salsa adicional por só 0,60€ máis. Ademais, a carta de sobremesas non queda atrás, cunha oferta variada en xeados Ben & Jerry´ s e Magnum Almond.
En definitiva, en Pizza Móvil poderás gozar como nunca o fixeches das pizzas máis zumarentas e saborosas.

