
- Categoría: Moda e complementos
- Actividade: Moda
- Localización: Nivel baixo
- Teléfono: 982 263 734
- Web: Visitar páxina
- Código: 52
Tenda Salsa
Salsa, situado na planta baixa do Centro Comercial As Termas é unha marca portuguesa que foi pioneira no mundo do denim ao especializarse na creación de fits técnicos que favorecen e realzan a fisionomía do corpo, o que os sitúa nun nivel de diferenciación elevado fronte á competencia.
A súa misión é revolucionar o mundo denim, implicando a súa tecnoloxía e valores no desenvolvemento dos seus produtos, deseñados para que os seus clientes poidan lucir a mellor versión de si mesmos grazas a un estudo constante dos patróns corporais de homes e mulleres, calquera tipo de corpo ten alí o seu vaqueiro perfecto.
Crecemos nun medio esixente e moi competitivo a nivel internacional, como é o sector da moda, Salsa traballa diariamente para satisfacer aos clientes, que se preocupan das tendencias, combinadas coa máxima comodidade e calidade.
Se queres calidade e beleza na túa roupa vaqueira, Salsa é unha cita obrigada. Asesoraranche ata atopar o que máis vai contigo e poidas lucir a peza vaqueira que che saque o maior partido.

