
- Categoría: Moda e complementos
- Actividade: Deportes
- Localización: Planta primeira
- Teléfono: 982 100 253
- Web: Visitar páxina
- Código: Ext 102
Tenda Sprinter
A tenda de deportes Sprinter ten no Centro Comercial As Termas de Lugo unha das súas principais tendas. A compañía, nacida en 1995, é actualmente un dos principais operadores nacionais na distribución de moda de deporte, complementos e material deportivo, estando actualmente presente en nove comunidades autónomas e ofrecendo aos seus clientes marcas de primeiro nivel como Adidas, Nike, Everlast ou Reebok.
Na tenda Sprinter do Centro Comercial As Termas de Lugo poderás atopar dúas áreas claramente diferenciadas e convivindo en harmonía entre si: a zona style, dedicada á moda máis deportiva e casual tanto en téxtil como en calzado e complementos e a zona sport, de tipoloxía máis técnica, dedicada a numerosas especializacións deportivas como natación, ciclismo, atletismo, deportes de equipo, deportes de raqueta, ou fitness.
Os produtos de Sprinter do Centro Comercial As Termas teñen ao seu alcance multitude de produtos deportivos de primeira calidade que cumpren tres trazos principais: deseño e funcionalidade, calidade contrastada por atletas de primeiro nivel e a aplicación dunha estrita política de mellora continua que converten a esta tenda nun auténtico referente á hora de adquirir o material deportivo para manterte en plena forma física.

